Valdeorras na túa man

Valdeorras na túa man
Nuevo portal de promoción turística de Valdeorras

SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA

SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA

 

O luns 13 de xuño de 2011 ten saído publicado no DOG (nº 112) a Resolución do 23 de maio de 2011 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o período 2011-2012.
As subvencións centraranse nas seguintes medidas:

3.1.3. Fomento de actividades turísticas.
Beneficiarios: Asociacións, fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro interesadas en promover actividades turísticas no medio rural.

3.2.1. Servizos básicos para a economía e a poboación rural.
Beneficiarios: Asociacións, fundacións, comunidades veciñais de montes en man común e entidades privadas sen ánimo de lucro. Asociacións e confederacións de empresarios. Concellos e mancomunidades de concellos consorcios e entidades dependentes das anteriores con participación maioritaria dos concellos.

3.2.3. Conservación e mellora do patrimonio rural.
Beneficiarios: Asociacións, fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro. Comunidades de montes veciñais en man común.

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: 45 DÍAS NATURAIS A CONTAR DENDE O DÍA SEGUINTE Á PUBLICACIÓN NO DOG (13/06/2011)

Máis información:  http://agader.xunta.es