Valdeorras na túa man

Valdeorras na túa man
Nuevo portal de promoción turística de Valdeorras

SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E BUSCA DE EMPREGO

   O día 11 de Xaneiro de 2012 sairon publicadas no DOG as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego articuladas en itinerarios personalizados de inserción profesional e dirixidas a mellorar as posibilidades de ocupación dos demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia.
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas na presente orde as entidades que teñan personalidade xurídica propia e carezan de fins lucrativos, en concreto:
a) As universidades públicas.
b) As deputacións provinciais.
c) Os concellos que, por si sós ou asociados, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2011 superior a 500 persoas.
d) As mancomunidades, consorcios ou calquera outra forma de agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos galegos.
e) As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia, e as fundacións dependentes das organizacións empresariais e sindicais de Galicia especializadas na realización de accións de información e orientación laboral. Neste caso só se considerarán as solicitudes de maior ámbito territorial, é dicir, denegaranse aquelas solicitudes das entidades mencionadas cando existan solicitudes susceptibles de resolución favorable presentadas por asociacións ou confederacións dun ámbito territorial máis amplo ás cales pertenzan ou estean asociadas.
f) As entidades especializadas en atención a determinados colectivos, preferentemente con diminucións físicas, psíquicas ou sensoriais, que realicen accións de información e orientación profesional de acordo co previsto nestas bases reguladoras e sempre que acrediten a súa condición de centros especiais de orientación ou a existencia dun colectivo cuantificable de difícil inserción laboral.
As contías previstas na presente orde terán por obxecto subvencionar as retribucións totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social, por todos os conceptos do persoal contratado, de acordo coas retribucións establecidas na respectiva normativa de aplicación para cada categoría, nivel ou grupo profesional, ata un máximo de 30.688,29 euros por ano.
MAIS INFORMACIÓN SOBRE ESTAS AXUDAS